16/6/08

A primeira promoción de PIN no IES Auga da Laxe

Está a piques de rematar o curso 2007/08, que supuxo a aparición dunha nova materia en 1º de ESO: Proxecto Interdisciplinar. No IES Auga da Laxe (Gondomar) cursaron este ano esa materia case 60 alumnos e alumnas da man de dúas profesoras: Concha e Cristina. A materia impartiuse na biblioteca do instituto a través de xogos de busca de información e de proxectos de investigación.

No 1º trimestre realizamos diferentes actividades que nos permitiron coñecer mellor a biblioteca e aprender a buscar información, tanto nos libros como en internet. A través de varios xogos de preguntas, tanto individuais como en grupo, o alumnado aprendeu que é a CDU, como están organizados os libros na sala, como se busca e como se cita un libro e como se busca un dato ou unha información. Nun deses xogos, o alumnado tiña que responder unha serie de preguntas para conseguir os logotipos dos Megatoxos en diferentes cores.

Coincidindo co 5º aniversario do accidente do Prestige, iniciamos o noso primeiro proxecto de investigación para que o noso alumnado, que daquela non tiña máis que sete anos, soubese máis cousas sobre o accidente e as súas repercusións sociais. Durante varias semanas, revisamos a prensa daqueles meses, lemos manifestos e artigos de opinión, vimos fotos e vídeos, consultamos información nos libros e en internet e fomos tomando notas que logo repasamos e elaboramos para poñer en común e escribir reflexións que quedaron finalmente plasmadas en tres paneis que acompañaron a exposición "O Prestige: un modelo enerxético insostible", que visitou o noso instituto no mes de febreiro de 2008.





No 2º trimestre, ademais de rematar ese proxecto de investigación sobre o Prestige, realizamos un pequeno xogo de busca de información sobre os diferentes alfabetos e sistemas de escritura do mundo, como complemento dunha actividade que o alumnado realizou na área de Lingua Castelá e Literatura. Iniciamos despois un novo proxecto de investigación sobre o cambio climático e as enerxías renovables que nos permitiu aprender moitas cousas sobre a tremenda presión que o ser humano está a exercer sobre os recursos do planeta e sobre as posibilidades que temos todos e cada un de nós de contribuír a reducir esa agresión. Divididos en grupos, investigamos sobre algunhas enerxías alternativas (solar, eólica, hidráulica e biomasa), analizando os beneficios e prexuízos de cada unha delas, para rematar achegándonos ao noso contorno máis próximo: o parque eólico que está proxectado na Serra da Groba. Para axudarnos a entender a importancia de optar por enerxías limpas sen destruír o noso patrimonio natural e arqueolóxico, recibimos a visita de Xosé Lois Vilar, presidente de SOS-Groba, quen nos explicou os argumentos desta asociación para opoñerse a ese proxecto de parque eólico.



No 3º trimestre, logo de rematar a investigación anterior, comezamos un novo proxecto -que non tivemos tempo de rematar- sobre os Xogos Olímpicos de Pequín 2008: principais características da China, unha pequena historia dos xogos olímpicos desde a antigüidade, os deportes olímpicos, as paraolimpiadas, o conflito do Tíbet, etc.

En resumo, en Proxecto Interdisciplinar fixemos un traballo intenso e diferente no que se trataron aspectos relacionados con varias áreas do currículo: Lingua Galega, Lingua Castelá, Ciencias Naturais, Xeografía e Historia, Educación Física... Algunhas reflexións do alumnado sobre o traballo desenvolvido nesta materia quedaron recollidas xa no blog da biblioteca, pero agora, no remate do curso, cando estamos a facer balanzo e avaliación, quixemos abrir este espazo propio no que o alumnado poderá facer unha valoración final que nos sirva para ir mellorando as estratexias de traballo para o próximo curso. Con esa vontade rematamos e desexámosvos unhas boas vacacións.

15 comentarios:

Fátima dijo...

Ola son Fátima:
Traballar na biblioteca en vez de traballar nunha aula gustame máis, porque tes máis información a man e coñeces como é. Tamén están os ordenadores.
FORMA DE TRABALLAR: Nesta materia non hai libros , e non só se traballa unha materia se non que hai de todo un pouco. Aquí só temos un pequeno caderno para tomar apuntes e redactar chamado: "Caderno de Pitágora".
COÑECER A BIBLIOTECA: Foi algo complicado saber como están ordeados os libros. Para isto, fixemos varios xogos de busca. Eran moi divertidos.
PROXECTO DO PRESTIGE: Pareceume algo longo, porque tivemos que buscar a información en prensa, libros, internet e tamén vimos un documental.

Fátima dijo...

AS ENERXÍAS RENOBABLES: Traballamos en grupos. Había varias enerxías: Solar, Eólica, Hidráulica e Biomasa. Gustoume moito, este foi máis curto có do Prestige. Veunos a visitar Xose Lois Vilar o presidente de S.O.S Grova e deunos unha charla sobre o que querían facer na Serra da Grova.
XOGOS SOBRE DIFERENTES ALFABETOS: De paso que escribo isto quero agradecer a Concha que nos deixara a sua colección do libro do Principiño en moitos idiomas.
OLIMPIADAS EN CHINA: Traballamos en pequenos grupos, a cada grupo tocáballe un tema. Foi moi bonito.

Mariiiia* dijo...

Ola son María de 1ºB.
TRABALLAR NA BIBLIOTECA para min foi unha boa experiencia porqueO espazo é moito mais grande que nunha aula normal.Hai moitas maneiras diferentes de conseguir información.
A FORMA DE TRABALLAR fixo que a clase forma moito mais relaxada grazas a que non tiñamos nin libros nin exames nada.Pero aun asi traballamos diferentes temas.
OS NOSOS TRABALLOS os primeiros traballos que fixemos foros para coñecer a biblioteca,citar un libro to do eso foi un pouco complicado porque non sabiamos nada dos codigos C.D.U. pero lo go xa foi mais facil e convertiuse nun pequeno xogo.
O TRABALLO SOBRE O PRESTIGE neste traballo traballamos moito mais que nos outros porque ia vir unha exposición e tiñamos que centrarnos nisto para poder formar parte de exposición facendo un mural.A parte aprendemos moito mais que da outra maneira porque cando foi o do prestige nos eramos pequenos e non sabiamos moito.Ademasi vimos un video para imformarnos mellor.
ENERXIAS RENOVABLES foi o mais facil para min e ademasi no que menos traballamos.Este traballo non me gustou.
SOS GROBA eu non sabía nada de Sos Groba e aprendín bastante cando veu falara Xose Lois Vilar.Aprendín que defendian, e creo que fan moi ben defendendo a sua terra.
O traballo que menos me gustou foi o ultimo que trataba sobre o Tibet este traballo foi moi complicado para min poruqe o tema que me tocou foi O CONFLICTO DO TIBET .

Pin foi unha clase diferente e ademais tiñamos a duas prifesoras en vez de a una.

Mariia

Fátima dijo...

Ola son Alexandra de 1ºB:
1ºTraballar na biblioteca gustoume porque o espazo e moi grande,temos onde buscar informacion a man,hai libros,hai Internet,etc.A min persoalmente encantoume traballar na biblioteca.
2ºA forma de trballar foi moi complexa non hai libros,non hai exames,temos duas profes boisimas,fixemos un caderno de bitacoras,facemos buscas,etc.Elas eran Cris e Concha
3ºCoñecer a biblioteca,ensinaronnos que e a CDU,como organizar os libros,como se deben citar,tamen habia xogos de busca(Megatoxos).
4ºTamen fixemos un proxecto sobre o Prestige en funcion a que ía vir unha esposicion.Buscamos a informacionen:prensa,libros,
internet e audiovisual.Fixemola busca mediante 7 pasos.Tamen saimos no periodico''Atlantico''.Foi moi divertido,encantoume.

Fátima dijo...

5ºAs enerxias renovables,foi outro dos proxectosque fixemos ao longo do ano.Habia 4 grupos de enerxias:
SOLAR,EÓLICA,HIDRAULICA E BIOMASA.
Aqui o traballo foi en grupiños.O traballo de varias semanas expusemolo en dous dias de exposición oral.Vimos un video e fixemos un vidioforom.O profe Manuel Ulloavaixounos a facer un traballode localizar preguntas na exposición.E Benxamin mandounos ler un libro''A NEGRURA DO MAR" Foi un dos mellores traballos.
6ºXose Lois Vilar veu a visitarnos e a explicarnos o que pasa na Serra da Grova. E fixemos un papeliño onde explicamos o que él falou. Observamos como falaba Xose Lois e foi moi chulo.
7ºO xogo sobre o alfabeto foi moi interesante xa que tamen coa profe Bea falamos diso, do alfabeto. Tamen vimos varias versións do Principiño. Gustoume.
8ºO último traballo foi sobre as Olimpiadas en China. Foi o traballo que mais me gustou.

Unknown dijo...

Saber como está organizada a biblioteca nos serviu de moita axuda para saber onde temos que buscar cada cousa. Ademáis, os xogosde aprendizaxe que fixemos foron moi divertidos.
O traballo do Prestige foi moi interesante porque aprendemos cousas que non sabiamos. O feito de ter que buscar en moitos sitios foi un pouco rollo, porque non se sabía moi ben se esa información valía ou non, onde poñela.....
O "traballo", eu creo case xogo dos alfabetos foi moi divertido. Coñecer que "O Principiño" era un libro internacional, escrito en tantas linguas, me inpactou, ademáis da colección de Concha. O xogo tamén me gustou e máis porque estabamos constatemente buscando na bibloteca.
O traballo das enerxías renovables, gustoume, aínda que foi un pouco rollo porque non sabías poñer o máis importante.
O traballo das olimpiadas me gustou máis, porque era máis curtiño e ademáis aprendín cousas sobre China.
Traballar na biblioteca pareceumemoi ben, porque xa testoda a información ao teu dispor, aínda que hai que saber como buscala.
A forma de traballar me gustou, porque non hai libro e, sen embargo, a materia está ben organizada. Xa tes as pautas para seguir e as mesas nonestán colocadas mirando so para un sitio, e é máis divertido.

Anónimo dijo...

1.Para min este primer traballo axudoume a saber buscarlibros na biblioteca.Fixemos xogos de busca e estivo ben.Tamén foi moi divertido.

Anónimo dijo...

2.Neste traballo tivemos que lembrar todo o que pasou sobre o prestige.Pareceume moi interesante pero foi un pouco pesado e tivemos que facer moito traballo.3.Concha a nosa profe de Pin trouxo unha colección de libros do principiño nun montón de idiomas.O mais divertido foi buscar en grupo unha frase segreda tratando de buscar as preguntas na biblioteca.

Anónimo dijo...

4.Este traballo non me gustou moito pero está ben para aprender algunhas cousas.Despois de telo feito o traballo tivemos que dicilo oralmente e estivo ben.Cando viu Xoxe Lois a falar ao principio non lle entendia case nada pero despois fun pillando as cousas e a verdade e que estiven moi atento a explicación.5.Este traballo deume a conocer un pouco mais das paraolimpiadas.6.Estivo moi ben traballar na biblioteca porque se deramos clases nas aulas normais nadie iria a biblioteca a buscar cousas.A forma de traballar en pin gustoume porque tiñamos que buscar en internet e usando os libros.

Anónimo dijo...

Hola soy Hugo de 1ºb e o que mais me gustou foi o da enerxia solar estivo bastante entretido e serviunos de moita axuda para saber como e isto das enerxias
UN SAUDO

Anónimo dijo...

|||||||| AVALIACIÓN DE PIN |||||||

1- O FEITO DE QUE DEAMOS CLASE NA BIBLIOTECA
Penso que pódese dar clase perfectamente nun lugar que non sexan cadeiras e mesas verdes, tanto na biblioteca como o aire libre como no punto de lectura... pódense aprender moitas cousas.
Particularmente neste caso axúdanos a que a biblioteca fágasenos máis familiar.

2- A MANEIRA DE TRABALLAR
A maneira de traballar sen libro de texto é similar punto 1 xa que tamen pódese traballar ben e aprender sen un libro de texto o igual cos exames.
Por outra parte: está ben que toquemos temas de ecoloxismo xa que noutras materias case non se fala diso.

3 e 4- COÑECER A BIBLIOTECA E ABRIR UN CADERNO
Paréceme unha ba idea que coñezcamos a biblioteca, os seus libros e as súas colocacións quizais e a parte de pin que máis me gustou.
Cando abrimos o caderno comezamos por saber como están organizadas as bibliotecas (C.D.U.), así soubemos como buscar o libro que nos fai falla, aparte de apreder a buscalo tamen a citalo ou a bucar datos nel, para iso Concha e Cris as nosas profesoras, fixeron uns xogos de busqueda moi entretidos. O principio era individual pero logo fixeron outro similar cos protagonistas do libro de Anxo Fariña, este era en grupo e cada vez que acertabamos unha prgunta dábannos un logo tipo dos megatoxos o primeiro grupo que chagara a cinco gañaba.

5- PROXECTO PRESTIGE
Neste proxecto traballamos individualmente pero tiñamos unhas pautas marcadas polas profesoras, as cales eran varios puntos onde metiamos información sacdaa dos libros, fotos e xornais que ai no punto adicado o prestige na biblioteca e tamen en internet e nun vídeo.
O acabar de facela investigación fixemos unha radacción individual e dela sacamos as artes máis interesante e as xuntamos (as de toda a clase) e con elas fixemos un mural que colgamos na exposicion no patio central do instituto.

6- O XOGO DOS ALFABETOS
Estabamos a ler un libro na materia de lingua española sobro e o alfabeto e xa que pin e un proxecto INTERDICIPLINAR pois aprobeitamos e tamén fixemos cousas sobre os alfabetos, as profes ensinaronnos diferentes alfabetos, as equivalencias as veces asta chagaban a ser curiosas.
Concha colecciona "Principiños" de diferentes zonas do mundo e ensinounos a súa colección.
Fixemos un xogo de busca co dos alfabetos e acabamos descifrando unha frase simbólica.

7- AS ENERXÍAS RENOVABLES
Desta vez o traballo fixémolo en grupos de 3 ou de 4, a cadsa un deles tocoulle un tipo de enerxía renovable ou hidraúlica ou eólica ou solar cando acabamos de buscar información nos libros e en internet fixemos unha exposición oral. Tamen vimos un vídeo.

8- SERRA DA GROVA
Aproveitando o traballo das enerxías e falando da enerxía eólica, falamos da Serra da Grova.
Un martes Xosé Lois Vilar viu o instituto e deunos unha charla moi interesante (pola miña parte).
Inda que eu xa o sabía, nesta charla Xose Lois fíxome recordar que a xente non sabe as cousas bonitas, interesantes e realmente sorprensentes que teñen o seu redor.
Por outra parte tamén estibemos observando as dialectoloxías xq que Xose Lois usaba moitas sobre todo gheada e seseo.

9- OS XOGOS OLÍMPICOS
Neste traballo formamos grupos de 2 ou 3 e a cada grupo tocoulle un apartado, buscamos información coma de cotío e entregamoslle op traballo as profesoras.


-OPINIÓN XENERAL E PERSOAL
Foi un bo curso creo que para ser o primeiro ano que se da esta materia está moi ben organizada.

Teño que tamén (inda que sexa o seu traballo) darlle as grazas a Cris e a Concha xa que nos prepararon todos os xogos e as ESTRELIÑAS k por certo recordaronme a cando esta en infantil que facían o mesmo pero gústame sinceiramente pareceme ben que as poñan así e outra forma de valorar as persoas se esta mal moi mal ben o moi ben e non todo con notas en plan 2,4,6,9 somos persoas e as veces necesitamos k nos valoren con notas pero outras non... (a verdade ai lieime un pouco cos meus pensamententos haha) acabandfo xa ... que xa levo aqui moito tempo.

UN SAÚDO A TOD@S!

Antia

Anónimo dijo...

Traballar na biblioteca estuvo ben pola razon de que temos todo a man.
A forma de traballar e boa porque non hai que seguir un libro de texto e ademais hai 2 profesores.
Traballamos por proxectos e forma parte da Educacion Documental.
E ademais enteramonos do que é o caderno Bitacoras.
PIN-Consiste en coñecer a biblioteca e como estan os libros organizados(pola CDU).
Ademais aprendemos a citar libros.
Fixemos Xogos de Busca sobre todo nos Megatoxos.
Mais adiante fixemos un traballo do Prestige, e tamen viu unha exposicion.
Iso estuvo moi ben porque as profes dixeronos que tiñamos que buscar.
Tame buscamos informacion sobre as enrxias renovables en grupos de 4: Biomasa,eólica, solar e hidraulica.
O traballo final das enerxias foi unha exposicion oral.
Miramos un video;fixemos un debate.
Veu Xose Lois a darnos unha charla.Un pouco de Barallete pero xeralmente foi sobre o Parque Eólico da Serra da Groba.
Iso estuvo ben porque che explicaba moi ben as cousas,ademais vimoslle como falaba o galego de Baiona que é de onde e él.
Despois fixemos un pequeno xogo sobre diferentes alfabetos.
Logo Concha trouxonos o Principiño en diferentes linhguas que colecciona ela.
E por último fixemos un traballo sobre as olimpiadas n grupos pequenos.
Pareceume ben.

Anónimo dijo...

-Traballar na biblioteca estivo ben pola razón de que temos todo a man.
-A forma de traballar na biblioteca e moi cómoda e o feito de que traballen 2 profes a o mesmo tempo.
-Traballamos por proxectos e parte da educación e Documental.
-E ademais entramos no que é o caderno de Bitácoras.
-Pin consiste en coñecer a biblioteca mellor e estar todo ben organizado por libros (pola CDU) e ademais aprendemos a citar libros.
-Mais adiante fixemos un traballo de información dos sucesos do Prestige, e tamén vimos unha exposición.
-A min gustoume esta experiencia por que aprendemos moito.
-Fixemos outras buscas de enerxías renovables e fixemolo, en grupos, e cada grupo unha enerxía:Solar,eólica,biomasa e hidráulica.
-Viunos a darnos un discurso e a falarnos de distintas linguas e tamén da Serra da Groba.
-Viunos a dar o discurso Xose Lois:falounos do Barallete e do parque Eólico da Serra da Groba e dos petroglifos.
-Fixemos un xogo de distintas alfabetos que nos trouxo Concha e Cristina.
-Concha tróuxonos un libro todos iguais do Principiño en distintas linguas.
-Logo fixemos un xogo de busca moi interesante de cromos e participei e perdín os cromos.
-E por último buscamos información dos xogos olimpios de Pekin e fixémolo en grupos pequenos e gustoume moito.

-Pareceume todo moi importante

Anónimo dijo...

LUCIA 1ºC

Gustoume moito a primeira actividade, que fai aprender como está organizada a biblioteca, o mais complicado de esta actividade foi aprenderse cada apartado que ten a biblioteca.
A visita a mediateca gustoume mais ou menos, por unha parte gustoume porque non sabía que había mediateca, pero pareceume un pouco aburrida.

O traballo deo prestige foi un pouco aburrido ao principio pero a medida que íamos encontrando información facíase máis divertido.

O traballo que máis me gustou foi o dos alfabetos porque pareceume moi interesante e o xogo era moi divertido.

O traballo das enerxías foi o que menos me gustou aunque me pareceu moi interesante, deste traballo o que mais me gustou foi a visita de Xosé Lois.

O das olimpiadas pareceume que tivemos moi pouco tempo para esa actividade e tibémola que facer moi rápido, o de coller información e redactar o texto..

Sorprendeume que a actividade de PIN se fixese na biblioteca. Gustoume moito que fose alí porque pareceume que para esa actividade era mellor estar todos xuntos, non como nas outras clases e como é unha actividade que require buscar información é máis cómodo facelo no sitio que máis información hai.

Tamén axúdanos (polo menos a mín) a estar máis na biblioteca e coñecela como calquera outra clase.

Anónimo dijo...

ENRIQUE CRESPO 1ºESO C
Comezamos a estudar como estaba organizada a biblioteca. Para min foi unha parte moi aburrida porque había que aprenderse aquilo.
Despois foume resultando máis divertido cos xogos de localizar libros. (Xogo cos logotipos mdos Megatoxos).

O traballo de investigación sobre a catástrofe do prestige, no ano 2002, foi algo complicado. Non era doado atopar a información desexada, aínda que buscándoa o pasabamos ben.
En internet atopábase con máis facilidade.

O traballo sobre os diferentes alfabetos foi un traballo divertido, pero o máis curto de todos e por iso foi unha pena.
a colección de libros do Principiño foi moi interesante!!!

No traballo das enerxías renobables foi tamén un bo traballo, divertido. Fixemos os grupos e investigamos sobre a enerxía que nos tocara.

O traballo das olimpiadas: Como non tivemos tempo para facer este raballo saíu un pouco mal. Creo que eses últimos días deberiamos deixalos para outras cousas. Foi arriscado comezar un novo traballo xa nas portas das vacacións.
Tratou de buscar información sobre as olimpiadas da china e a súa situación.

Gustoume aprender esta nova materia na biblioteca porque así temos todo a man para buscar información. Na aula non poderíamos facelo.

A froma de traballar foi moi divertida. Sen libros é mellor porque interésanos máis e aprendemos moito.

PROXECTO INTERDISCIPLINAR 1ºESO C